Diccionario Panikkariano Edizioni Herder per Cirpit Recension

diccionario-panikkariano“Diccionario Panikkariano y algunos conceptos fundamentales del hinduismo y el buddhismo”di Victorino Perez Prieto e José Luis Meza Rueda.Edizioni Herder per Cirpit.  RECENSIÓN. Victorino Pérez Prieto e José Luis Meza Rueda. Diccionario Panikkariano, Editorial Herder, Barcelona 1916 (400 páxinas)

Encrucillada, Revista galega de Pensamento Cristián. Santiago de Compostela

No. 203, Maio-Xuño 2017

Xosé Antón Miguélez Díaz

Nun mundo tan fortemente globalizado no económico  e no tecnolóxico, que parece querer arrasar coa diversidade cultural, é de agradecer acceder ás claves do pensamento dun home, Raimon Panikkar que se esforzou con gran capacidade en tender pontes de diálogo fondo entre as ciencias da natureza e a filosofía e a teoloxía.

Nun mundo no que as diversas relixións se ven abocadas a un diálogo fraterno (e case dramático) que pescude nas intuicións  e experiencias comúns sen reduccionismos simplistas, resulta moi esperanzada e osixenante a aportación do sabio catalán a quen se lle adica esta obra que presentamos. El, sen deixar de sentirse cristián e católico, atopouse tamén , por inmersión cultural, por empatía fonda,  e por prolongado estudo crítico, crente hindú e budista… E a maiores como home completamente secular que puido comprender desde dentro tamén os aportes e as limitacións da Ilustración. Panikkar non adoptou posturas superficiais ou acomodaticias , nin compuxo un credo persoal con elementos collidos dunha e doutra tradición cercenados das raiceiras vitais, senón que se mergullou nesas catro tradicións ( a científica, a cristián, a hindú,  e a budista) respectándoas fondamente e atopouse capaz de comprendelas, de gustalas, de vivilas, de conectalas na súa persoa e no seu pensamento e de propoñernos os seus achados, como mapas de camiño cara a interioridade e cara a luz do Misterio, así como as súas propostas de futuro  nunha obra asombrosa e cuidada, fecundísima e suxestiva.

A aportación de Panikkar, moi persoal,  non é sen embargo aíllada nin solipsista, pois  bebeu nas fontes da filosofía grega, da Patrística grega e latina, da Escolástica de Tomás de Aquino, de san Bonaventura e de Duns Escoto, de Nicolás de Cusa e do Mestre Eckkhart (quizáis grazas á axuda da súa esposa, a doutora Carmen González Haba,  gran especialista neste místico alemán) ,  así como dos filósofos e teólogos do sentimento decimonónicos Schleiermacher e Jacobi, e dos  contemporaneos Heidegger ou Zubiri cos que tivo gran intercanbio e amizade. Un percorrido semellante fixo polas tradicións hindú e budista aportándolle achegas fundamentais como Bhartrhari (570-651) e, sobre todo, Shankara (c.788-820), pai do a-dualismo vedanta ou advaita, que lle permitiu expresar o seu afinado pensamento cosmoteándrico como clave non monista pero si unitaria da realidade. A obra de Panikkar , totalmente inabarcable para un só estudoso, énos presentada sustancialmente en forma de Diccionario polos dous  autores, Victorino Pérez Prieto  e José Luis Meza Rueda, que fixeron hai anos  teses de doutoramento sobre o autor e que axudaron en outras varias publicacións a divulgar o seu ricaz aporte.  Victorino Pérez é o autor do proxecto e da meirande parte da obra. É un meritorio servicio, pois o que escribiu Raimon Panikkar Alemany (1918-2010) abarca 74 obras escritas orixinalmente en variados idiomas ( castelán, alemán, italiano, francés, inglés, catalán), moitos deles traducidos despois a múltiples linguas, e perto de novecentos traballos entre prólogos, artículos e colaboracións en libros colectivos, tamén  éstes en variados  idiomas coñecendo moitos deles múltiples traduccións. A súa obra  é inmensa e moi creativa, e felizmente está sendo recollida como Opera Omnia en Italiano, español (na que o mesmo Victorino Pérez edita algúns dos seus volumes) e en inglés.

A obra de Panikkar, indubidablemente un dos máis grandes pensadores que deu a Península no século vinte, por manexarse con lealdade e con afinado criterio científico nas diversas tradicións que asumiu e estudou, emprega tecnicismos latinos, gregos, védicos, budistas, científicos, así como abundantes neoloxismos dos que foi suxestivo creador no seu intento de buscar nas raíces das tradicións e  buscar linguaxes novas para a comprensión e o diálogo, verbas liberadas de estériles hermetismos e abertas a novas luces desde o respecto a tradición. Por iso os lectores de Panikkar, ou dos seus notables e creativos  divulgadores,  agradecemos esta obra que nos axuda a comprender os seus principais conceptos, e dos seus non escasos tecnicismos, maiormente os das tradicións orientais. Pero un dos merecementos da obra, é que, pola fecundidade e actualidade do pensamento de Panikkar,  e pola apertura intelectual dos autores, o rigor con que tratan os conceptos clave en Panikkar (con bibliografía abundante) non pecha a lectura nun mundo teórico filosófico ou teolóxico, senón que aportan moitas luces para demandas hoxe moi vitais en espíritos inquedos: bases e pontes para o diálogo entre culturas e entre relixións, para asentar camiños de paz,  para camiños de místicas nobres non mixtificadas, para unha comprensión de Deus máis misterio pero tamén menos alleo, para unha corrección de antropoloxías que se pechan en si mesmas e conducen ao tráxico consumismo.

Non é que sexa imprescindible ler a Panikkar con este diccionario a carón, nin que éste poida sustituir á lectura directa do autor que a miudo é moito máis fresca do que os artigos deste diccionario poderían facer pensar, pero seguro que servirá de axuda, e que incluso pode servir dunha obra de iniciación, que aporta ademáis dunha noticia biográfica sucinta pero moi detallada, unha bibliografía exhaustiva.

————————————————————————————————————————-

Raimon Panikkar (1918-2010) fue uno de los grandes pensadores de nuestro tiempo. Su inmensa obra está reconocida internacionalmente como una de las más innovadoras del siglo XX en el campo del pensamiento filosofico, teológico, intercultural e interreligioso. Su pensamiento fue fecundado por las tradiciones cristiana, hinduista, budista y secular, por lo que se convirtió en puente privilegiado entre Occidente y de Oriente.

Este Diccionario panikkariano será de gran interés y utilidad para el lector de la obra de Panikkar. En primer lugar, porque ayuda a comprender su complejo pensamiento, elaborado desde unos conceptos propios expresados con términos creados ad hoc por él mismo (ontonomía, cosmoteándrica, hermenéutica diatópica, equivalentes homeomórficos, tempiternidad, ecosofía…) o términos comunes a los que Panikkar ha ido otorgando una interpretación particular. Además, este diccionario incluye algunos conceptos fundamentales del hinduismo y del budismo que Panikkar utilizó abundantemente y que aportan una gran riqueza al diálogo intercultural e interreligioso.

Los autores de este diccionario son profundos conocedores del pensamiento de Raimon Panikkar; han realizado sus tesis doctorales sobre su pensamiento filosófico y teológico, tienen numerosas publicaciones al respecto y han gozado de su amistad y magisterio.